Obxectivo: unificar a práctica da chave

Obxectivo: unificar a práctica da chave

09 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A chave xógase diferente en Ferrolterra, na Coruña, en Santiago ou en Ourense. Ese é un dos principais problemas para unificar as competicións e organizar unha Liga Galega de Chave.

A Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia iniciou no seu dia negociacións para unificar a práctica da chave e doutros xogos tradicionais. Pretendiase establecer unha regulamentación e unha normativa única. Agora co cambio de goberno, os representantes das asociacións de chave esperan un contacto co novo responsable do departamento para axilizar os trámites que faltan. As negociacións estaban moi avanzadas, segundo o presidente da asociación de amigos da chave de Ferrolterra Xaime Iglesias.

A práctica da chave rexurde nos últimos anos. Nas canchas deste deporte vese agora tamén xente nova, afeizoada a tirar os pellos. E un exemplo do auxe dos xogos tradicionais, fenómeno que se experimenta en toda Europa.

Deportes