Ocean Colour Scene e Tricky encabezan a primeira xornada do Cultura Quente

Ocean Colour Scene e Tricky encabezan a primeira xornada do Cultura Quente

16 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A carballeira de Caldas de Reis volverá, por décimo terceiro ano consecutivo, a encherse de música. O Festival Cultura Quente bota andar ás nove desta noite cun cartel “máis ambicioso ca nunca”, segundo as palabras que deixou o seu director, Joaquín Martínez, nos micrófonos de Radiofusiòn. Inaugurarán o escenario os galegos Dirty Socks que lle darán paso a Clá, banda portuguesa que ofrecerá o seu ú

O dúo danés The Raveonettes encabeza o cartel de mañá sábado. Porén, antes deles subirán ao escenario os galegos Tony Lomba & Elio dos Santos, os históricos The Sonics, os madrileños Magnética, o sexto pop Hola a todo el Mundo e a banda de rockabilly Kitty Daisy & lewis. A noite pecharase cunha sesión de DJ Lagartija.

Todos os concertos serán de balde e a organización habilitou, como en anos anteriores, unha zona de acampada tamén gratuíta.

Sociedade