Oferta gastronómica galega no Millesime Madrid 2010

Oferta gastronómica galega no Millesime Madrid 2010

20 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A IV edición do evento gastronómico Millesime 2010 terá a Galicia como única comunidade española invitada. O evento gastronómico, enfocado a públicos especializados e de prestixio do sector, celebrarase entre o 20 e o 22 de outubro no Pavillón da Pipa do recinto feiral da Casa de Campo. Millessime estará no mes de marzo de 2011 en Sao Paulo (Brasil) e en maio en México, país invitado tamén nesta edición.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentaron a oferta gastronómica galega neste evento. Cultura e Turismo promove a participación en Millesime de chefs galegos de recoñecido prestixio, como Xosé Torres Cannas, do restaurante Pepe Vieira; Pepe Solla, do restaurante Casa Solla e Marcelo Tejedor, do restaurante Casa Marcelo, encargados de realizar diversas demostracións e ‘showcookings’ para o público asistente. En canto á presenza de sumilleres galegos estarán Óscar Cidanes, do restaurante Esteban en Mos; e Bosco Padín, do espazo gastronómico Lavinia. Ademais, unha ducia de empresas galegas, case todas elas adegas. Dentro do evento haberá varios obradoiros dedicados especificamente a Galicia, impartidos por algúns dos máis  recoñecidos restauradores.

A consellería de Cultura e Turismo destaca a importancia que está a ter para o sector o lanzamento, a través da secretaría xeral para o Turismo, do primeiro Plan de Gastronomía de Galicia, que engloba varias accións encamiñadas a consolidar o territorio galego como destino gastronómico de primeira orde.

Sociedade