A oficina dixital do concello

A Sede electrónica municipal é unha ventá aberta á outras institucións
15 de Outubro, 2019 - 11:58 h. | Publicada por Radio Fene

Xornada formativa este xoves sobre a sede electrónica do Concello de Fene. Dirixida á poboación en xeral, terá lugar na aula de formación con entrada libre.

O Concello de Fene organiza unha charla informativa aberta dirixida á cidadanía co obxectivo de dar a coñecer a sede electrónica municipal. A formación, impartida pola axente do programa PEL- Concello Dixital da Deputación da Coruña, terá lugar na aula de formación, situada no departamento de Cultura e Deportes, este xoves 17 de outubro ás 11,00 horas. Nesta charla a veciñanza coñecerá como empregar a oficina dixital do seu concello e os métodos de identificación que lles permiten autenticarse de maneira segura ante as administracións públicas. A participación será aberta e sen incrición previa. O curso está organizado pola Deputación provincial e o Concello de Fene.

Institucional

Publica o teu comentario agora