Oito días para sementar

Oito días para sementar
16 de Xaneiro, 2019 - 01:19 h. | Publicada por Radio Fene

Levan recaudados case 50.000. O obxectivo óptimo fixouse en 60.000 euros e quedan oito dias de prazo. Falamos do proxecto “Vamos polo primario” para financiar unha escola infantil en galego. Iria García afirma que os 60.000 euros permitiríalles realizar de xeito máis rápido a compra do inmoble no Roxal en Neda ao que xa lle teñen botado o ollo: unha casa e un terreo de 5000 metros cadrados.No transcurso da campaña atopáronse con xestos de moita solidaridade. Os comerciantes e os artistas sorprendéronnas, segundo Lidia Pena. Agora veñen de colgar un video da Conta atrás e xa superan as vinte mil visitas.

ESCOITA O PODCAST:
Iria García e Lidia Pena, de Semente Trasancos

A realización de actos públicos como concertos e o uso das redes sociais axudaron a ir conseguindo os cartos que precisan. Agradecen cada colaboración, as de Galicia pero tamén as que lle chegan de Portugal, Euskadi, Valencia ou Cataluña.

Semente Trasancos leva tres anos cunha escola infantil en San Mateo en Narón, onde participan vinte nenos e nenas galego-falantes. Agora van polo Primario e queren adquirir un inmoble no Roxal en Neda. Utilizan o micromecenazgo e queren comezar coa  Educación Primaria en setembro de 2019. Pretenden mercar unha  casa cun terreo de 5.000 metros cadrados. As persoas que desexen apoiar a iniciativa poden facelo a través da páxina web https://gl.goteo.org/project/vamos-a-por-primario .

Cultura

Publica o teu comentario agora