Oito lugares céntricos de Fene terán acceso gratuito a internet

Oito lugares céntricos de Fene terán acceso gratuito a internet

02 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Sentar nunha praza pública de Fene ou nun local social de calquera parroquia co noso ordenador portátil e navegar por internet gratis.Iso será posible máis cedo que tarde en Fene porque ese é un dos proxectos contemplados no novo Plan Estatal de Investimento Local, aprobado esta mañán nun pleno extraordinario da corporación. Fene comezará a gastar o millón e medio de euros na mellora do municipio, unha vez que a corporación municip

Todolos grupos amosaron o acordo coas obras elexidas pero cada un deles matizou a sua posición ao respecto. O BNG, por exemplo, cre que o Fondo estatal de investimento local debera ter unha visión máis de futuro e unha clara vocación de crear emprego, xa que se fai precisamente para paliar a crise económica. Manuel Polo non ve moi ben a descentralización dos SS SS municipais así como que se invista nuns locais para a sua ubicación no bloque 1 de San Valentín, que son propiedade de Navantia. Os populares opinan que as obras acordadas son máis que necesarias e aceptables mentras que as do primeiro plan foron un derroche. O principal “pero” do voceiro, Gumersindo Galego, pónse tamén na descentralización dos SS SS que se ubicarán en San Valentín. EU ve o principal problema no axustado do tempo para decidir e desenvolver os investimentos. Gostaríalles que se contemplase neste segundo Plan o soterramento das liñas de alta tensión en San Valentín. O grupo de goberno, o Psoe, defendeu que o plan de Investimento Local sí sirve para paliar a crise e xenerar emprego. En relación coas obras que finalmente non se incluiron neste segundo plan, o alcalde Iván Puentes, defendeu que todas son importantísimas pero que por razóns de xestión supramunicipal non poideron incluirse agora. En concreto referíuse á creación dun aula de educación física no colexio Centieiras; o soterramento das liñas de alta tensión en San Valentín ou a rehabilitación ambiental do Coto do Rei, que tamén se barallou nesta ocasión.  Puentes estivo dacordo cos grupos da oposición en que os SSSS estarían mellor perto da casa do concello pero na actualidade o espacio é insuficiente e o local de San Valentín é amplo, barato e está cerca.  Finalmente o Plan de Investimento local, valorado nun millón e medio de euros, aprobouse cos votos favorables de PSOE e EU e a abstención de BNG e PP.  Os investimentos que finalmente se aprobaron esta mañán e que empezarán a executarse de inmediato traducense nas seguintes actuaciónsAs oito parroquias de Fene disporán dunha praza dixital, un lugar wifi con accexo gratuito a internet.  Ubicarase nas prazas públicas ou no entorno das sociedades veciñais. O maior investimento faráse no acondicionamento e dotación de mobiliario do bloque 1 de San Valentín alugado por Navantia para acoller o departamento municipal de Servicios Sociais. Unha obra moi necesaria no parecer de todos, é o aparcadoiro diante da Galescola en Perlío, nos terreos cedidos tamén por Navantia.O alumeado forma parte importante deste segundo Plan de Investimento local de Fene. Ata en catro zonas se instalará unha nova iluminación máis potente e sostenible: na estrada do peirao e na rua da unión  de Maniños; no Campanario de Limodre e a mellora na rede de San Valentín para poder dar sevizo aos ascensores instalados non bloques da vivendas. Aínda se contempla o asfaltado e abastecemento de auga na rua do Balado e en Rio de Saa, en Sillobre,  e a renovación dos xogos infantís no Parque Lineal do Rio Cádavo. Complétanse os inventimentos cos 306.000 € que se destinarán a gasto corrente municipal. Todas as obras teñen a ver, tal e como se contempla nas condicións do Plan, con Benestar, Educación, Medioambiente ou as novas tecnoloxías.

Sociedade