Once equipos e máis de duascentas cincuenta fichas

Once equipos e máis de duascentas cincuenta fichas
25 de Agosto, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños inicia este ano deportivo con moitos cambios na súa organización, o máis importante deles, o paso a un lado de Pablo Mesa como adestrador do equipo da Primeira Galicia de fútbol do Cultural Maniños para pasarlle o relevo a Adrián Martínez, como novo técnico. 

ESCOITA O PODCAST:

Pablo Mesa, que ten dirixido ao equipo dende a tempada 2017-18, non deixará a entidade e pasará a encargarse da dirección deportiva das categorías de base, dando continuidade ao traballo xa iniciado coa categorías benxamín e co fútbol 7 en tempadas anteriores.

O novo adestrador, Adrián Martínez, que ven do Galicia de Mugardos B e colgou as botas para adicarse en exclusiva a adestrar, é un home novo, con moitas gañas de facer da dirección deportiva a súa forma de vida. 

O equipo principal afronta cambios importantes na liga, xa que agora esta vai a ser unha competición de proximidade e, ademais, cun novo grupo. Pero, segundo Alfredo Fernández,  afronta o inicio da tempada cun obxectivo claro,“tratar de facer puntos suficientes para non sufrir” xa que os equipos están moi igualados.

A entidade afronta cambios importantes en canto a novos fichaxes e saídas de importantes compoñentes das distintas categorías, pero no horizonte está a certeza da continuidade dos 11 equipos existentes e as 250 licencias federativas que o club ten ata o momento.

E un reto importante que o Cultural para este ano, xa que o Maniños afrontará o ascenso do equipo feminino a Segunda División Galega o que abre novas necesidades, tanto económicas, polo número dos desprazamentos, como deportivas, porque os equipos son de moita calidade.

No aspecto máis “administrativo” do futuro do Cultural Maniños está a necesidade, presentada diante dos socios e socias na Asemblea Xeral celebrada o 9 de agosto, de proceder a unha renovación e, a medio prazo un remude, da xunta directiva que preside Puri Hermida, xa que, en palabras de Alfredo Fernández, “xa cumpriron un ciclo”.

 

Fotografía: Xan Xe

 

Cultura

Publica o teu comentario agora