A onde chegarán na copa

Moeche 2- Barallobre 6
20 de Maio, 2019 - 12:18 h. | Publicada por Radio Fene

O gardameta Maceiras foi o mellor nun partido que o Barallobre venceu tras case un mes de descanso.

ESCOITA O PODCAST:
Maceiras fixo grandes paradas en Moeche

O Barallobre venceu con folgura ao Moeche na Copa da Ría. Moeche 2- Barallobre 6 quedou o marcador a pesar de que o Barallobre levaba un mes sen competir e practicamente sen entrenar. Os de Fene sempre foron por diante no marcador, con máis apuros na primeira que na segunda parte, na que saíron máis frescos e porque o porteiro, Maceiras, estivo moi acertado, en palabras do técnico,Oscar Varela.

O campo do Ramo recibe ao Miño, seguinte rival, a vindeira fin de semana. O técnico ve o equipo moi relaxado, os entrenamentos son máis curtos e vai menos xente, así que é unha incógnita a onde poden chegar.

Deportes

Publica o teu comentario agora