Onde vai o balbordo dos postos de peixe da praza de Ferrol?

Onde vai o balbordo dos postos de peixe da praza de Ferrol?

17 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Corren malos tempos para as peixerías. A crise económica azouta tamén a este sector que ve como as grandes superficies lle quitan as vendas e a clientela  que noutros tempos enchían os postos de peixe como no caso do Mercado da Magdalena de Ferrol. A pesar de contar co produto máis fresco e da terra, o ritmo de vida actual e o baixo nivel adquisitivo do consumidor derivou nunha diminución importante das vendas. “O que diga o contrario minte” asegura

“Hai trinta anos sabías que os martes e as fins de semana ías vender mercancía pero agora non existen días bós. Hoxe mesmo non vendín nada” laiáse Maira asegurando que se tivese quince anos menos “non lle veían o pelo pola praza”. Agora traballa o home e a muller e tense menos tempo para as compras e acuden a última hora ao supermercado, explica. Os xóvenes outro tanto, botan man da comida precociñada ou os pais sácannos a xantar fóra da casa. As comidas familiares da fin de semana estanse perdendo e con elas as grandes compras de peixe para sentarse todos na mesa arredor dun bó condumio.

Segundo a peixeira no mercado podes atopar produto de  maior calidade que nos supermercados e hipermercados. As grandes superficies raras veces compran nas lonxas e importan máis peixe. No Mercado da Magdalena trabállase directamente coas lonxas, cos barcos do día e con mercaduría da nosa costa. “Aquí vense os ollos vivos das especies, como se moven as xibias viviñas e coleando frescas. É moi difícil ver noutro lado o polbo vivo, o produto máis demandado nos postos. Pódese atopar cigalas, nécoras, centolos auténticamente autóctonos” explica. Traballan ao día e non contan coas grandes cámaras frigoríficas dos supermercados. Si non se vende todo o material regálase ou se deixa a un prezo moi baixo. 

“Difúndese moita información equívoca. Ás veces escoitase nos medios que nalgún lugar tiráronse caixas de peixe pero o que se ve nas lonxas é todo o contrario”. Os prezos dispáranse e a marxe de beneficio é pouca. Ás veces traese material carísimo só por compromisos ao que non lle obtes ganancia sinala Maira. 

Se temos que apretar o cinto podemos disfrutar da merluza ou a pescada que neste momento atópanse nun prezo razoable. Podemos degustar unha gorentosa merluza en salsa por sete euros o quilo. Se necesitamos máis cantidade encarécese un pouco pero sabemos que contamos coa calidade e a frescura que garanten estes postos de toda a vida.

Sociedade