Onte poesía, hoxe teatro no Pote de Maniños

Onte poesía, hoxe teatro no Pote de Maniños

20 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Moitos aplausos escoitáronse onte á tardiña nas instalacions do Pote de Maniños. A poesía de Novoneira e de tres poetas da parroquia inundou o salón de actos. O teatro ocupa hoxe os actos das Letras Galegas no Pote.

O grupo Luzada, dirixido por Manuel Basoa, representa “O testamento do tio Lelé”, unha peza francesa do ano 1937, simpática, de amos e criados, que encaixa á perfección en Galicia, segundo o director.A representación será ás 8,30 da tarde

Sociedade