Onte tocaron black is black

Onte tocaron black is black
23 de Marzo, 2020 - 12:44 h. | Publicada por Radio Fene

A música cura corpo e alma. En Perlío os curandeiros son os irmáns Diego e Alberto Maceiras. Cada dia ás sete da tarde saen ao balcón e fan do encerro algo máis levadeiro.

ESCOITA O PODCAST:

Empezaron a sair ao balcón e tocar para matar o tempo. A iniciativa foi dos dous irmáns Maceiras de Fene, Diego e Alberto, un co acordeón e o outro co saxo. Ao final poden ser unha orquestra porque os nenos fan a percusión así como outros vecinos se arrancan co que teñen. Saíron un día pero o éxito fixo que repetirán, afirma Diego Maceiras. Onte tocaron “black is black” e as muiñeiras de Paulino e de Lugo. Hoxe aínda non está decidido o repertorio. Soen poñerse dacordo ao mediodía.

Os dous irmáns Maceiras viven no mesmo edificio con dous pisos de diferencia. Saen tocar ao balcón que da á parte traseira, á rúa da Xunqueira. En facebbok reproducen as actuacións de cada tarde. Preguntamoslle que porqué ás sete da tarde e responde Diego que non queren molestar a ninguén, así que nen cedo nen tarde. Afirma que os pequeños da casa lévan ben a situación de momento porque hai terraza para correr.

“É triste ver a escola pechada” afirma Diego, quen xunto con Dani Bellón, rexenta a Escola de Música Bellón-Maceiras . A algúns alumnos danlles clases por videoconferencia e outros recursos tecnolóxicos. Están aguantando o temporal como todo o mundo, agardando que acabe pronto esta situación. Pero, engade Diego, “o primeiro agora é a saúde de todos”.

Cultura

Publica o teu comentario agora