Oposición á incineradora no Irixo

Oposición á incineradora no Irixo

06 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Os alcaldes de Dozón (PP) e Piñor (PSOE) manifestaron xa a súa oposición ao proxecto da Xunta de Galicia de instalar unha planta incineradora no Irixo (Ourense).Tamén o PSOE e o BNG da comarca do Deza opóñense con rotundidade á planta proxectada. Os ecoloxistas critican o modelo baseado na incineración "porque produce moita contaminación atmosférica que afectará máis alá do término municipal de

O complexo do lixo,impulsado pola empresa de Burgos Estela Eólica, conta cun orzamento de 230 millóns de euros. Ocupará unhas 70 hectáreas nuns terreos aínda sen definir, que pretende comprar ou alugar, pero sen recorrer ás expropiacións. Contará con tres plantas: unha incineradora con capacidade para 310.000 toneladas anuais, outra para compostar 40.000 toneladas e unha terceira para recuperar 16.000 toneladas de envases lixeiros.

O alcalde do Irixo Manuel García Penedo (PP) amosou a súa satisfacción polo anuncio realizado da Xunta de Galicia. Indicou que a instalación se proxecta en terreos comunais, propiedade de medio cento de veciños. O Irixo conta con 1.200 habitantes e limita cos Concellos de Lalín e Dozón, xa en Pontevedra.

Sociedade