Optan á mellor canción en galego do ano

Optan á mellor canción en galego do ano
27 de Febreiro, 2024 - 08:27 h. | Publicada por Radiofusión

Ai de min, de Caamaño e Ameixeiras opta á seren recoñecida como a mellor canción galega do 2023. Trátase do certame aRi(t)mar con apartados de música en galego e en portugués. Pódese votar na web www.aritmar.gal

Fotografía Xan Xe

Compiten pola mellor canción galega do ano:

100 Voltas – Cachondemia, Ataque Escampe - Viaxamos a Miami, Caamaño&Ameixeiras - Ai de min, Davide Salvado / Permita Deus - Bulerías da Lúa, De Ninghures - Morena, Festicultores Troupe - Olivia Newton Jhon era de Pantón, Grande Amore - Onde ela me quer levar, Mondra - Ardén, Ruxe Ruxe - Vaia onde vaia e The Rapants -Fai tempo.

Para a mellor canción portuguesa do 2023 foron pre-seleccionadas as seguintes:
A Garota Não - 422, Ana Bacalhau - Não Vás Embora, Rapaz!, Buba Espinho - Ao Teu Ouvido feat. Bárbara Tinoco, Carlão - Mais!, Carolina Deslandes - Saia da Carolina, Luísa Sobral - Serei Sempre uma Mulher, Maro - Oxalá, Miguel Araújo – Sagitário, Os Quatro e Meia - Na Escola e Pedro Mafama - Preço Certo.

aRi(t)mar é un proxecto didáctico-cultural desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela. En outubro organizan unha gala na que presentarán ás pezas gañadoras.

 

Fotografia Xan Xe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora