Orde pero sufrimento final

Orde pero sufrimento final
20 de Xaneiro, 2020 - 12:50 h. | Publicada por Radio Fene

O Pote non foi quen de contrarrestar a velocidade dos dous puntas do Cariño. O equipo local adiantouse no marcador pero nunca tivo o control do partido. Ao remate, na Segunda Galicia de fútbol, O Pote 1- 2 Cariño.

ESCOITA O PODCAST:
Carlos Arnoso, porteiro do Pote

No ecuador da primeira parte, o porteiro Carlos Arnoso sufriu unha media escordadura de nocello. Non había porteiro suplente que se lesionara o venres, estiveron barallando sustituir ao gardameta por un xogador de campo, pero puido continuar todo o encontro, segundo explica o técnico do Pote Manuel Freire. “O árbitro do partido realizou moi bo labor, expulsou a un xogador de cada equipo, pero estiveron ben expulsados, era dialogante, podíase falar con el” indica Freire. O Pote visita a vindeira xornada ao Cebarca. “Atoparemos un equipo aguerrido nun campo de herba natural, que sempre nos costa un pouco máis” manifesta o técnico.

Deportes

Publica o teu comentario agora