Ordenan á Xunta de Galicia retirar unha campaña publicitaria

Ordenan á Xunta de Galicia retirar unha campaña publicitaria

04 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Xunta Electoral de Galicia ordenou á Xunta de Galicia que cese a campaña publicitaria "Paisaxe Galega, unha tarefa de Todos" durante o período electoral, tras un recurso presentado polo BNG por suposta vulneración da Lei Orgánica de Réxime Electoral. Deste xeito, o organismo require á Xunta de Galicia o cesamento da campaña por conculcar o artigo da Lei orgánica do réxime electoral xeral (Loreg) que especifica a imposibi

Os nacionalistas presentaron este recurso despois de que a Xunta publicase diversos anuncios en medios de comunicación desta campaña tras convocar as eleccións autonómicas.

"Resulta moi curioso que o propio Goberno galego,despois de ter amagado en primeira instancia coa presentación de alegacións ao recurso do BNG, finalmente optase por retiralas, dando implicitamente a razón ao Bloque Nacionalista Galego" apuntan os nacionalistas nun comunicado.

Sociedade