Ordes acolle un foro económico nos antípodas de Davos

Ordes acolle un foro económico nos antípodas de Davos

22 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Celébrase estes días en Davos, en Suíza, o Foro Económico Mundial, onde mandatarios de todo o planeta manteñen encontros e debaten arredor das finanzas e grandes procesos macroeconómicos que rexen o mundo. Mais hai outra economía diferente, situada nos antípodas de Davos, e que tamén celebra esta fin de semana un encontro. O concello coruñés de Ordes acolle mañá

O encontro desenvolverase a partir das 11.00 da mañá, con cabida entroutras actividades de mesas informativas, microrelatorios das participantes inscritas ou mesas de traballo de mercado social, rematando ás 18.00 cun concerto a cargo do grupo La Brizna de Paja. O evento vai dirixido preferentemente a todas as entidades da economía social, alternativa e solidaria de Galicia que queiran darse a coñecer ou achegarse a ver o que se está facendo neste eido.

Apoian o evento REAS Red de Redes (estatal) e doutros territorios (REAS Euskadi, Navarra, Andalucía, Baleares...) ademais das cooperativas Xeira Consultora, Bico de Grao, Cestola na Cachola, Ítaca Software Libre, Os Anxos, Coop57 GZ; e tamén a Federación de Cooperativas SINERXIA, Albergue de Tronceda ou Mermeladas A Sazón.

REAS Galicia forma parte da Rede a nivel estatal de Redes de Economía alternativa e solidaria REAS, entidade sen ánimo de lucro formada por máis de 500 entidades e que, desde 1995 entende que outra economía é posible. REAS Galicia ten como obxectivos impulsar e apoiar unha rede de empresas solidarias que fomenten o respecto ás persoas e o medio ambiente en todos os ámbitos (produción, comercialización, construción, servizos...). Apoia, así mesmo, o desenvolvemento de recursos financeiros éticos e solidarios.

Sociedade