Ordes informatízase

Ordes informatízase

19 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes pon en marcha o vindeiro mes de febreiro unha nova convocatoria do Circuito Deportivo e Cultural cun amplo programa de actividades formativas para os primeiros meses do ano. Centraranse, nesta ocasión, en diferentes cursos de informática, moi demandados polos veciños e veciñas do municipio e que contan cun gran éxito de participación en cada unha das convocatorias nas que se realizan. Desde o concello ofértase para todos aqueles que estean

A estes cursos sumaranse tamén un de iniciación a Acces e outro de iniciación a Excel que se celebrarán durante febreiro, marzo e abril, así como outro curso de perfeccionamento de Windows XP, outro máis de iniciación a internet e correo electrónico, e por último un curso de Photoshop que terán lugar durante os meses de marzo e abril, sendo así un total de nove cursos de informática, os que o Concello porá a disposición dos seus veciños e veciñas. 

Os interesados en participar nos cursos deberán realizar a súa inscriciónantes do vindeiro 28 de xaneiro na concellería de Cultura e Deporte, onde tamén poderán recibir máis información acerca dos mesmos. Para a realización dos cursos requerirase un mínimo de participantes, asignándose as prazas por orde de inscrición e tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello.   

O concelleiro de Cultura e Deporte, José Ramón Vázquez Raña, animou aos veciños a que participen nestas actividades ofertadas dende o seu departamento, unhas actividades que asegurou “xa contaron cun gran éxito de participación en edicións anteriores e que, como é o caso dos cursos de informática, son moi demandadas polos nosos veciños, esperando que con esta nova convocatoria se vexan satisfeitas as súas demandas”. 

O Circuito Deportivo e Cultural posto en marcha polo Concello de Ordes este curso, complétase ademais con outros obradoiros que deron comenzo xa o pasado mes de novembro, nos que participan un bo número de veciños e veciñas de Ordes e que inclúen cursos de pilates, pandeireta e tiro con arco.

Sociedade