ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes ven de facer público o seu programa de actividades de cara á celebración da festividade do Entroido. Nesta ocasión a primeira das citas terá lugar o martes 11 de febreiro, data especialmente pensada para os nenos e nenas. A Tarde de entroidada dará comenzo a partir das 16.30 horas na Alameda, espazo onde se levarán a cabo obradoiros de maquillaxe, chapas, globoflexia e máscaras. Ata as 19.30 celebrarase unha gran festa con animaci&o
Xa de cara ó sábado 16 de febreiro terá lugar o popular Sábado de piñatao, onde haberá un gran desfile polas rúas do pobo a partir das 17 bhoras. Unha cita que cada ano congrega no municipio a centenares de participantes individuais, comparsas e carrozas chegados de distintos puntos da xeografía galega, os cales competirán por acadar o mellor dos premios. Os interesados en participar poderán inscribirse gratuitamente ata o 13 de febreiro nos departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, ou ben chamando ó 981680002 ou 981680157.
Deste xeito na modalidade individual haberá categoría adultos, a partir dos 16 anos, e categoría infantil para aqueles que teñan como moito 16 anos. Neste caso os premios serán de 175, 125 e 90 euros para os tres primeiros adultos clasificados, e de 125, 90 e 75 euros no caso dos infantís. As mesmas categorías son as que se convocan para a modalidade de comparsas, nas que os grupos terán que estar formados por máis de cinco compoñentes. No caso dos adultos os premios serán de 400, 300 e 200 euros para os máis votados, mentres que os máis novos recibirán 200, 150 e 125 euros. A maiores se outorgará un premio á mellor comparsa municipal dotado con 200 euros. No caso das carrozas as estructuras non poderán ter unha superficie superior aos 7 metros de longo, 3,5 metros de ancho e 4 metros de alto. Un ano máis será esta a categoría que conte cos premios máis cuantiosos con 600 e 400 euros para as dúas mellores carrozas. Ademáis, o Concello de Ordes tamén concederá un premio Especial Simpatía, dotado con 150 euros, e sete premios accesit de 100 euros cada un.