Ordes recicla ou a importancia de separar os resíduos

Ordes recicla ou a importancia de separar os resíduos

03 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes convoca ás asociacións do municipio, así como aos veciños e veciñas que o desexen, a participar nunha xornada informativa do programa “Ordes SOStible”, que terá lugar este mércores 4 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura. Unha xornada que servirá para que “os ordenses aprendan a importancia de aforrar recursos, a reducir gastos innecesarios, a coñecer canto lles custa ter os aparatos el&eacu

Se a primeira xornada de “Ordes SOStible” versou sobre o urbanismo sustentable, na sesión do mércores o programa enfocará directamente a situación de Ordes, analizando as necesidades dos veciños e as distintas iniciativas postas en marcha pola Concellería de Medio Ambiente a través do programa “Ordes Recicla” como campañas informativas, programa de compostaxe doméstica, recollida e reciclaxe de móbiles e CD´s, recollida de plásticos agrícolas, etc

Xesús Pedreira explica que “é importante que os veciños coñezan os recursos que poñemos á súa disposición e desterren falsos mitos como o de que non ten sentido separar o plástico porque se recollen nun mesmo camión”. “Iso é absolutamente falso”, apunta Pedreira Mirás, “pois en Ordes hai un camión específico para a recollida dos plásticos do contedor amarelo e, se un se fixa ben, verá que é un pouco máis baixo que os outros camións. Ademais, no caso de que houbese un caso semellante a empresa enfrontaríase a unha forte sanción”.

O programa “Ordes SOStible” está organizado polo Concello de Ordes en colaboración coa empresa Ciencia Divertida-OBZ Consulting. O seu obxectivo é conseguir unha ampla implicación e participación dos veciños e vciñas de Ordes en torno a un debate sobre cales son os principais problemas que adoece o territorio, sobre cales son as estratexias que se deberían poñer en marcha e así poder chegar a proposicións sobre proxectos a realizar.

Sociedade