Ordes reforma o tanatorio

Ordes reforma o tanatorio

22 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes inaugurará este mércores 23 de decembro as obras de reforma do tanatorio municipal. Unhas obras que o goberno local incluira dentro dos proxectos a realizar a través do Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL). Esta actuación implica a apertura de dúas novas salas de velorio, unha capela, unha zona de oficina e unha cafetería, que se suman ás outras dúas salas velatorias xa existentes, ademais dos servizos cos que xa conta

O proxecto incluiu tamén melloras na instalación eléctrica, así como a instalación de aire acondicionado e calefacción. O orzamento destas obras foi de 835.200 euros, pertencentes ao FEIL. O edil de Obras e Urbanismo, Roberto González, explicou que “o tanatorio municipal do Balado tiña xa 11 anos e necesitaba adaptarse aos novos tempos, ademais de que cada vez se estaba a facer máis pequeno para un municipio como o de Ordes”.

Pola súa banda, o primeiro edil, Manuel Regos, asegurou que con estas obras esperan poder mellorar os servizos que o Concello pon a disposición dos seus cidadáns. Desta maneira este mércores 23 de decembro ás 13 horas levaráse a cabo a inauguración destas obras. Un acto no que se contará coa presenza do subdelegado do Goberno en Galicia, José Manuel Pose Mesura, o alcalde de Ordes, Manuel Regos, ademais do resto de membros da Corporación Municipal.

Sociedade