Orellas, filloas, lacón con grelos, ou torrixas preséntanse ao II Concurso de Tapas de Entroido

Orellas, filloas, lacón con grelos, ou torrixas preséntanse ao II Concurso de Tapas de Entroido

27 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concellería de Festas e a Asociación de Hosteleiros de Ferrol e Comarca, , presentaron esta mañá o II Concurso de Tapas de Entroido. O certame celebrarase entre o  luns 15 de febreiro e o martes 16,  de 11 da mañá a tres da tarde.  Os establecementos interesados en participar nesta convocatoria deberán inscribirse no Departamento de Festas do Concello de Ferrol, ubicado no Edificio Social (rúa Sánchez Barcáiztegui, n

Os locais participantes deberán facilitar as tapas e a bebida (auga, viño ou corto de cervexa) ao xurado de xeito gratuíto. Este integrarase por dous ou dúas representantes de cada unha das comparsas participantes no Festival do Entroido Ferrol 2010, dúas técnicas do Departamento de Festas do Concello e unha persoa experta na materia. Valorarán aspectos como a orixinalidade do disfraz dos participantes, a presentación da tapa, o seu sabor e a decoración do establecemento. Ademais, teranse en conta o traballo e a improvisación do persoal á hora de servir os pratos. O premio será un agasallo sorpresa. 

O ano pasado resultou gañador o Bodegón O Bacoriño, cunha tapa de crema de grelos con brocheta de orella, lacón e chourizo.

O nexo de unión desta ruta de tapa son os produtos típicos do Entroido: lacón con grelos, torrixas, orellas, filloas, botelo ou chicharróns, entroutros manxares carnavaleiros. 

Sociedade