As organizacións agrarias chaman a un parón de toda actividade para o venres

As organizacións agrarias chaman a un parón de toda actividade para o venres

05 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As principais centrais sindicais labregas, Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (U.U.AA.) e Xóvenes Agricultores (X.XA.A.), fixeron un chamamento a tódolos estamentos e sectores da comarca para que secunden a mobilización que terá lugar o vindeiro venres 8 de maio entre as 11.00 e as 13.00 horas en toda a Terra Chá. Esta acción comprenderá un parón de tódalas actividades de servizos e unha concentración na

O primeiro en tomar a palabra foi Julio Guntín, representante de Unións Agrarias, que pediu o apoio para esta iniciativa, xa que considerou que o problema do sector lácteo é un problema que afecta a toda a sociedade agraria galega. “A crise do sector lácteo afecta a toda a sociedade rural de Galicia, non só aos empregos directos, que están en perigo, senón aos sectores que están integrados dentro do mundo rural galego”, estimou Guntín.

 

A continuación, anunciou unha serie de peticións destinadas ás administracións. Estas medidas serían a garantía de prezos dignos, por riba dos custes de produción; eliminar os excedentes de mercado e que non retornen en forma de leite a baixo prezo; un maior control das importacións e da trazabilidade do leite e dos seus derivados; un plan estratéxico que aporte unha serie de axudas; o refinanciamento das débedas; a apertura de novas liñas de crédito e a adopción de medidas que apoien ás cooperativas.

Margarita Ledo, do SLG, afirmou non “lembrar unha situación similar” pola “caída dos prezos do leite en orixe ou polas ameazas de non recollida da produción”. Por iso reclamou “medidas urxentes para evitar o peche das explotacións”. Estas medidas pasarían, en parte, “pola baixada e desincentivamento de excedentes a nivel europeo para adaptalo ao consumo ou pelexar pola creación dun mercado curto de produción, destinado ao mercado interno, que servise para frear a perda de valor da produción”. Para a responsable comarcal do SLG a solución “non pasa por parches”, e pediu “axudas directas para o leite, como teñen outros sectores como a banca”, xa que “somos o motor do rural, o que permite asentar e manter a poboación no campo galego”.

Outra das reclamacións feitas por Ledo foi o retorno ás “mobilizacións conxuntas” de todas as organizacións de defensa agrogandeira,

Pola súa banda, Cheri Grandío, membro de XXAA, aportou que “preto dun 30% dos concellos de Galicia dependen do leite”, e que a súa ruína non afectaría tan só aos empregos directos, senón que se ampliarían a uns “100.000 postos de traballo que dependen directa e indirectamente do leite en Galicia”. Por iso reclamou que se sumen á iniciativa do venres “todos os servizos de Vilalba e demais vilas da Terra Chá”. class="\\"MsoNormal\\"">

Este último punto tamén foi refrendado pola presidenta da Unión Comercial de Vilalba, Marola Ramil, que pediu que “tódolos comercios, servizos e hostalería apoien ás explotacións gandeiras pechando as súas portas entre as 11 e as 13 horas do venres 8 de maio”, ademais de acudir á concentración das 12.00 horas na Praza da Constitución. Para Ramil, o dano polo parón “é mínimo, porque son tan só dúas horas, e unha crise no ámbito agrogandeiro aféctanos a todos”.

Esta acción terá lugar en tódalas cabezas de comarca de Galicia. Así, na provincia de Lugo faranse convocatorias similares en Meira, Ribadeo, Sarria, Palas, Monforte e Chantada. Ademais, tamén se convocou aos colexios da vila a que apoien esta iniciativa con algún tipo de acto simbólico, e ás oficinas municipais a que paren a súa actividade.

Sociedade