As organizacións agrarias denuncian cargas policiais contra as súas accións

As organizacións agrarias denuncian cargas policiais contra as súas accións

16 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As organizacións labregas, Xóvenes Agricultores (XX.AA.), Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UU.AA.) e AGACA, manifestaron, mediante un comunicado conxunto, a súa disconformidade coa decisión da Subdelegación do Goberno en Galicia de impedir onte a saída dos tractores cara sete puntos de distribución de Compostela mediante un dispositivo policial. Dispositivo que, segundo estas institucións, rematou con cargas policiais que

A pesar do impedimento a marcha levouse a cabo a pé para “denunciar e visibilizar unha vez máis as prácticas comerciais que están a arruinar ao  sector”. Desde estas institucións de defensa gandeira valorouse negativamente “o interese por impedir a visibilización da crise pola que atravesa o sector, empregando a presenza de  corpos policiais”, o que respondería “a unha cada vez máis clara apreciación por parte do Goberno español de que a loita das gandeiras e gandeiros da Galiza non vai parar até acadarmos un prezo xusto para o noso leite”.

 

 

Desde as organizacións agrarias convocantes consideran que estas accións “teñen como obxectivo provocar que nos radicalicemos e fagamos accións en contra da cidadanía, para deste xeito deslexitimar as nosas mobilizacións”. Para os sindicatos agrogandeiros “o fin último é desmobilizarnos e poñer na nosa contra á cidadanía, xa que, ademais de asistirnos a razón, a nosa reivindicación de podermos vivir do noso traballo mediante a obtención dun prezo xusto para o noso leite, está a ser apoiada  polo conxunto da sociedade do noso país”.

Sociedade