ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Concellería de Cultura de Culleredo como complemento a súa Programación de Primavera da “Aula de Poesía” da Biblioteca de Poesía “Uxía Novoneyra” de Vilamelania-Vilaboa, organiza un Obradoiro de poesía, dende o 27 de abril ao 1 de xuño, impartido polo poeta e editor D. Miguel Anxo Fernán Vello e dirixido a adultos e xóvenes, cun máximo de trinta pra
Trátase de levar a cabo un taller/curso de poesía que permita, através de exposicións e reflexións de caracter teórico e sesións prácticas, adentrarse no coñecemento da textualidade poética e na interpretación en profundidade da poesía.
CONTIDOS
¿Que é a poesía? Aproximación conceptual (definición).
Apontamentos para unha historia da poesía.
Características do xénero poético.
Temas da poesía. Os motivos e os argumentos poéticos.
Métrica, versificación, ritmo e musicalidade.
A estrutura do poema.
O léxico poético e as figuras retóricas.
A lectura da poesía. Interpretación do poema.
Poesía tradicional e poesía contemporánea.
A poesía posta en relación con outras artes.
¿Como escribir un poema? Prácticas de escrita poética.
A base textual a empregar (comentario e uso de textos) será a poesía galega, a poesía española, a poesía portuguesa e a poesía francesa, fundamentalmente.
DURACIÓN E HORARIOS:
O taller terá unha duración total de 12 horas.
As clases impartiranse todos os luns, en horario de 20:00 a 22:00 h.
A inauguración do taller terá lugar o luns 27 de abril, e continuará, xa en maio, os días 4, 11, 18 e 25, clausurándose o día 1 de xuño.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
Unha vez rematado o taller, procederase á edición dun caderno/libro que conterá unha selección dos mellores poemas escritos polos alumnos e alumnas participantes.
DIRIXIDO A:
Para xóvenes e adultos a partir de 16 anos.
PRAZAS LIMITADAS:
Por orde de inscrición ata 30 alumnos/as.
INSCRICIÓNS:
Concellería de Cultura do Concello de Culleredo - Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Tfno: 981 665 597 • Fax: 981 661 748
E-mail: cultura@culleredo.org
D. Miguel Anxo Fernán-Vello
Miguel Anxo Fernán-Vello é director de Edicións Espiral Maior, editora especializada en poesía, con máis de 300 títulos publicados neste xénero. É autor de 12 libros individuais de poesía e a súa obra foi traducida, entre outros idiomas, ao francés, español, inglés, alemán, italiano, polaco, ruso e árabe. Premio da crítica española en dúas ocasións, foi tamén premio Esquío, Martín Códax, Celso Emilio Ferreiro, Miguel González Garcés, Federación de Libreiros de Galicia e Asociación de Escritores en Lingua Galega, entre outros.
Foi tamén finalista en tres ocasións do Premio Nacional de Literatura e participa asiduamente en importantes Festivais de Poesía en Europa e en América.
A Biblioteca de Poesía "Uxío Novoneyra", única en Galicia deste xénero, créase no ano 2007 gracias á cesión de 5000 volúmenes da súa Biblioteca Particular.