Orgullo de partido

San Sadurniño 0- Cultural Maniños 2 no encontro xogado no campo da piscina
05 de Febreiro, 2020 - 12:19 h. | Publicada por Radio Fene

No minuto 5 marcou Rebe e Sheila puxo o segundo para o Maniños, no minuto 57.

ESCOITA O PODCAST:

Quen desborda de ilusión xogando a futbol é o equipo feminino de futbol-7 do Cultural Maniños. Actitude, físico, esforzo, superación, todas cualidades que fan que o técnico Carlos Gómez se amosase esta mañá moi orgulloso do seu equipo que ven de vencer ao San Sadurniño no campo da piscina por 0-2. A pesar das baixas coas que chegaron ao encontro, da lesión de Pau á que lle romperon o narizno minuto 20,  despois de marcar Rebe o primeiro tanto do encontro, e a pesar de ter que colocar ás xogadoras onde nunca estiveran colocadas, o equipo botou os restos.

Contra vento e marea gañou o Maniños a un equipo difícil, pero máis complicado aínda pode ser o próximo partido contra as líderes actuais, As Pontes, que están ao alcance da man se o Maniños logra facerse co encontro este sabado. Xogan na casa, no campo do Pote ás 16.30h. As Pontes é lider con 18 puntos, mentres que as fenesa teñen 16, empatadas co Caranza. Gañar o sabado en Maniños, supón dar un bo salto. Pau (nunha imaxe de Patricia Rey) non estará nese encontro porque a fractura no naríz vaina ter apartada dos terreos de xogo unhas semanas. Tampouco estarán Yoli ou Laura Picado. Agardan contar coa pichichi da competición, Cris.

Deportes

Publica o teu comentario agora