Orgulloso dos de branco

Orgulloso dos de branco
14 de Xaneiro, 2019 - 12:14 h. | Publicada por Radio Fene

“Estou moi orgulloso do traballo dos meus xogadores, adestramos ben durante a semana e iso notouse no partido, xa que os de branco fixeron o que lles dixo o técnico” afirma o adestrador do Cultural Maniños Pablo Mesa. Perdimos e teño que felicitar ao Miño pola súa victoria. Na Primeira Galicia de fútbol, Maniños 1 -2 Miño.

ESCOITA O PODCAST:
Maniños 1 - 2 Miño. Primeira Galicia de fútbol

O técnico queixouse da actuación arbitral no campo do Pote. “Pítannos un penalty cando o balón dalle no peito a Carlos e logo lle da no brazo, o arbitro deixa seguir pero o linea marca a máxima pena, pero teñen que coñecer o regulamento e saber que iso non se pita” manifesta Mesa quen tamén expresa o seu malestar pola acta arbitral do partido fronte ao Brexo Lema; ”Expulsan a un xogador deles cando o balón non está en xogo e máis adiante noutra xogada expulsan a Rober cando intenta despexar na nosa área,  pero o árbitro ao redactar a acta, pon ao revés que na expulsión deles o balón está en xogo e na nosa non, co que ao do Brexo Lema lle cae un partido de sanción e ao noso catro”.

Deportes

Publica o teu comentario agora