Orixes das vangardas rusas en Ferrol

Orixes das vangardas rusas en Ferrol

19 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ata o 29 de marzo permanece aberta na Fundación Caixa Galicia de Ferrol a exposición Orixes das vangardas rusas. A mostra recolle 45 lenzos entre os que figuran obras de persoeiros que marcaron a historia da arte do século XX como Kandinski ou Meliévich.

A finais da década de 1900, Rusia foi o escenario dalgúns dos movementos de vangarda que con máis forza se desenvolveron no século XX. As novas propostas conceptuais e estéticas xestáronse baixo unha grande influencia da arte popular, a artesanía e as tradicións rusas. Desa espetacular etapa creativa xurdiron algúns dos artistas que se converterían en figuras fundamentais do movemento ruso, que se deu en chamar neoprimitivismo, un estilo pictórico rupturista que pretendía deixar atrás as vellas concepcións do simbolismo.

Sociedade