Orlando Álvarez (SOS Courel): “A devastación do Courel responde a intereses especulativos privados”

Orlando Álvarez (SOS Courel): “A devastación do Courel responde a intereses especulativos privados”

21 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

A Comisión Europea investigará a denuncia presentada pola plataforma SOS Courel sobre a utilización, supostamente fraudulenta, de fondos comunitarios na Serra de O Courel. A demanda entregouse o pasado 17 de marzo. Acusan a todas as administración públicas da “destrucción xeralizada” deste espazo natural da alta montaña de Lugo. O colectivo tamén denuncia o despoboamento intencionado coa retirada de  servizos e o “maltrato"

O Parlamento europeo iniciará una investigación para aclarar se as queixas da asociación courelesa teñen fundamento. O voceiro da agrupación, Orlando Álvarez, informou en Radiofusión, que, desde hai anos, se está a producir unha destrucción xeralizada desta zona, incluida na Rede Natura. “Plántanse especies foráneas en vez de plantas autóctonas. Esto supón un auténtico perigo en caso de incendios. Asemade, aumenta o número de explotacións mineiras que só aproveitan o 1% da montaña e o demais se amontona en escombreiras, sinalou. Varias canteiras de pizarra en funcionamento para os que SOS Courel propugna o seu peche.

O colectivo responsabiliza aos partidos políticos da “desfeita” que se está a levar a cabo no Courel. Aseveran que estas actuacións se realizan coa utilización de fondos europeos e que as administracións agochan e  silencian os valores naturaIs e culturais de O Courel, para “mitigar o escándalo da  súa vergoñenta aniquilación".

Os ecoloxistas amósanse optimistas coa decisión da Unión Europea ante o que cualifican de “corrupción endémica de España”. Segundo Orlando Álvarez, a xustiza española non está preparada para xulgar cuestión medioambientais e hai que recurrir a Europa.

Sociedade