Orozco non volverá ser alcalde de Lugo

Orozco non volverá ser alcalde de Lugo

26 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Corporación de Lugo elexirá a un novo alcalde o sábado trece de xuño. José López Orozco non volverá a ocupar o posto de ningunha maneira. Poderá lograr o bastón de mando outro integrante da lista do PSOE ou o cabeza de lista do PP Jaime Castiñeira.

O PSOE pode gobernar en Lugo, mais se o seu cabeza de lista deixa de ser o candidato. Tal é a condición das outras forzas de esquerda que entran no Concello: que José López Orozco non repita na alcaldía. O até agora rexedor facía un chamamento ao diálogo.
Para Santiago Fernández Rocha, de Lugonovo, Orozco está imputado na Operación Pokémon e segue sen asumir responsabilidades. Rubén Arroxo, do BNG, concedía que a mudanza de aspirante a alcalde polos socialistas suporá un escenario diferente que podería permitir o pacto. O máis votado, o popular Jaime Castiñeira, que non logrou maioría absoluta sostiña que el xa advertira desta situación.En Lugo o PP é a forza máis votada e obtén 9 edís. José Luís López Orozco logrou 8 edís; por 3 de Lugonovo; 2 do BNG; 2 de Ciudadanos e 1 de ACE.

Sociedade