Orozco presentarase á reelección

Orozco presentarase á reelección

19 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O alcalde de Lugo, o socialista José López Orozco, anunciou este venres que se presentará á reelección nas próximas eleccións municipais e destacou que segue "coas mesmas gañas que ao principio".

Así o anunciou nunha comparecencia ante os medios na Praza Maior de Lugo, acompañado de membros da executiva do PSOE lucense. "Nunca escapei dos problemas", afirmou o rexedor, que está imputado na 'Operación Pokémon'.

Sociedade