Os “limericks” de Antón Cortizas

Os “limericks” de Antón Cortizas

22 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Son poemas de humor absurdo. Contan con 5 versos, rima consoante e chámanse “límericks” aludindo á cidade de Irlanda, onde se popularizan no século XVIII. Deben de incluir o nome dunha vila ou dun lugar. O profesor do IES de Canido en Ferrol Antón Cortizas elaborou “limericks” de Galicia. O seu conxunto sairá do prelo no mes de novembro co nome de “Vaia tropa” con Edicións Xerais.

Os limericks, ferramentas para estimular a criación literaria, segundo explica o pedagogo Gianni Rodari no seu libro “Gramática da fantasía”. O escritor Edward Lear popularizou estes poemas no Reino Unido no século XIX. Agora Antón Cortizas divulga esa fórmula en Galicia.

Cultura