Os 10 euros do cartón do SERGAS

Os 10 euros do cartón do SERGAS

24 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As Plataformas en defensa da sanidade pública censuran a medida que entrou en vigor hoxe, aplicando o cobro polo cartón sanitario. A Xunta de Galicia cobra 10 euros a cada cidadán que perda ou deteriore este documento imprescindible para a atención no Servizo Galego de Saúde.

O cartón sanitario para unha cobertura universal e gratuíta do Sergas custa 10 euros. É o prezo que ten a emisión dun novo carton plástico dende este 25 de febreiro do 2012 se o usuario o perde ou non o renova en prazo. A taxa aplicaráse a todos os beneficiarios do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Cobrarase pola "renovación ou reposición" dun cartón que até a data foi sempre gratuíto. O Consello Económico e Social de Galicia (CES) posicionouse en contra desta medida.

Críticas de ONG ás restricións para que os estranxeiros logren o cartón

O último ditame do CES, repleto de críticas ao flamante proxecto de medidas fiscais e administrativas do Goberno galego, considera que expor esa taxa é, en primeiro lugar, un "erro" que en todo caso tería un custo "esaxerado". Sinala que "non está prevista a renovación do cartón porque non ten caducidade" (algunhas si teñen data de expiración) e incide en que o seu prezo é excesivo para un "documento imprescindible para a asistencia sanitaria". Propón eliminala directamente, ou ben, limitala "nos supostos de reposición nos que haxa responsabilidade do usuario".

Sociedade