Os 300 de Lugo

Os 300 de Lugo

04 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Arredor de 300 persoas formaban o Partido Galeguista na provincia de Lugo en 1936. Presidía a organización Xosé Ramón Fernández Oxea, Ben-Cho-Shey, quen se convertirá en testemuña da actividade política e cultural durante boa parte do século XX en Galicia.

O presidente do Partido Galeguista de Lugo en 1936 Xosé Ramón Fernández Oxea Ben-cho-shey, centra o ano cultural, segundo o impulso da Deputación de Lugo. Recollemos unha entrevista co comisario dunha exposición sobre Ben Cho Shey, que se pode visitar ata o mes de maio no Museo Provincial de Lugo.

Ben Cho Shey colabora na reorganización do Partido Galeguista despois da guerra civil, dende Madrid. Antes de 1936 preside o grupo galeguista de Lugo, e ten unha importancia decisiva no impulso do partido en toda a provincia. Superan os 300 militantes e Fernández Oxea realiza fotografias da campaña do Estatuto. No momento do Alzamento, escrebe un diario inédito, un documento moi importante no que reflexa a represión nos meses de xullo e agosto de 1936.

A exposición pode visitarse ata o mes de maio no Museo Provincial de Lugo.

Cultura