Os adeuses

En Fene despídense dous concelleiros e tres concelleiras que non repiten mandato.
13 de Xuño, 2019 - 11:08 h. | Publicada por Radio Fene

Son cinco os ediles de Fene que abandonan a corporación municipal, tras a celebración das últimas elecccións locais, dous do PSOE, dous do PP e unha do BNG.

ESCOITA O PODCAST:
mariela2019.jpeg

Cinco son os ediles que deixan a corporación municipal de Fene o próximo sabado. Onte celebrouse o último pleno do mandato, unha sesión de trámite para aprobar as actas dos últimos meses. Un día que serviu para a despedida de Amalia García Balado e Joaquín Ayala do PSOE; de Ana Novo e Alejandro Gutiérrez do PP e de Mariela Aguilar do BNG. Precisamente hoxe coñecimos pola prensa que a fiscalía pide para esta última dez anos de inhabilitación para cargo ou emprego público pola súa actuación no pleno no que se freou a presentación da moción de censura ao goberno de Juventino Trigo.

Esta mañá tivemos ocasión de falar coa concelleira que nas últimas eleccións locais figuraba pechando a lista do BNG. Afirmou Aguilar que non fai falla que a inhabiliten porque xa se inhabilitou ela mesma. Destes catro anos de actividade política que deixa atrás, Aguilar quédase coa estreita relación que mantivo cos seus compañeiros. Ese é o seu mellor recordo.

O pleno de constitución da nova corporación será o sabado 15 ás 12 da mañá. Non remataron aínda as conversas entre o BNG e o PSOE de cara a quen gobernará nos próximos catro anos. Ás dez desta noite reuniranse de novo representantes das dúas formacións políticas.

Institucional

Publica o teu comentario agora