Os alcaldes síntense presionados coas multas por impagos de débedas

Os alcaldes síntense presionados coas multas por impagos de débedas

13 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Numerosos candidatos e candidatas dubidan presentarse ás vindeiras eleccións municipais. Os alcaldes non queren responder co seu patrimonio das débedas contraíadas polos concellos. O auto emitido polo Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía en xullo advirtindo ao rexedor dun municipio a súa responsabilidade civil subsidiaria no caso que non se abone o pago dun acreedor, pon en vilo a moitos rexedores de concellos cun alto nivel de débeda.

Os alcaldes non están dispostos  a pagar do seu peto as multas que a xustiza comezou a impoñerlles por impagos a empresas e proveedores. Varios rexedores galegos xa recibiron varias notificacións xudiciais reclamándolles os pagos pendentes baixo a amenaza dunha multa personal. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Fernández, estuda habilitar mecanismos de defensa, como a creación dun seguro de responsabilidade colectiva para blindar aos edís. O tamén rexedor de Ames coida que si se propagan as multas se acabará co municipalismo e coa vocación e as ganas de traballar. Fernández, indicou esta mañá que “hai moitos candidatos e candidatas, alcaldes e alcaldesas que se plantexan presentarse aos comicios do 2011. Temen pór en risco os seus bens”.

Desde a  Fegamp, estudarase o alcance desta decisión xudicial nos concellos galegos, así como a posibilidade de embargo do patrimonio persoal si non se saldan as débedas contraídas.

Institucional