ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A traxectoria do grupo Os Amigos é, ante todo, unha historia de amor. A un país, a unha lingua, á xente que tentaba derrubar, con cancións ou a croiazos, os muros que debuxaban a silueta dunha patria perseguida. Son palabras de Vicente Araguas para definir o movemento Voces Ceibes, pero sirven tamén para explicar o nacemento e os obxectivos dun grupo musical que percorreu palcos e escenarios durante unha década, a partir de 1973.
Carlos, Xosé, Xosefa, Nuchita, Mari Luz, Dulce, Xurxo, Carpente, Xosé Manuel, Lelo e Xulián formaran o grupo nos seus inicios a partir da rondalla Arpegios do Círculo de Perlío. Eles mesmos compoñían parte das súas letras, ainda que tamén adaptaban poemas de Rosalía, Eduardo Pondal ou Curros Enriquez. Actuaron por toda a comarca e fora dela en lugares como Cangas de Morrazo ou Carballo. Gañaron un segundo premio no III Festival da Canción de Bergantiños e venceron no Festival Ria de Ares de 1977, coa canción Galego.
En 1978 editaron un Cancioneiro onde recollían boa parte dos temas compostos ata o momento. Pero o seu repertorio foi aumentando ata que abandonaron os escenarios no ano 1983. Toda a xente que pasou polo grupo Os Amigos reuniráse nunha cea de confraternidade a vindeira semana. Seguro que soarán algunhas cancións como aquel “ Galego de néboa, galego de choiva, galego que cheiras a mar. Galego que sofres, galego que choras, galego, ... xa podes berrar”.