Os aniversarios non pasan desapercibidos

Os aniversarios non pasan desapercibidos
01 de Abril, 2020 - 12:17 h. | Publicada por Radio Fene

Protección Civil de Fene celebra a diario os aniversarios dos nenos e nenas que están encerrados nas súas casas. A axenda bota lume. A concelleira Sandra Permuy manifesta o orgullo que sente a institución  municipal do traballo que estes voluntarios levan a cabo. 

ESCOITA O PODCAST:

Mañá é primeiro xoves de mes e Fene tería que celebrar o seu pleno ordinario. Decidiuse adialo ata que se estude a maneira de facelo vía Skype, se fose necesario. Coa tenente de alcalde e concelleira responsable de seguridade e persoal, Sandra Permuy, repasamos cómo sigue respondendo Fene á crise sanitaria do Covid 19. E descubrimos que a evolución é extraordinaria porque de momento e oficialmente, non se coñecen casos de contaxio na localidade.

Orgullosos de Protección Civil

Protección Civil está facendo un labor moi importante, segundo palabras da edil “ estamos moi orgullosos” e explica que a primeira hora da mañá xa están facendo limpezas e desinfeccións, axudan aos SS SS facendo a compra e levándolla aos veciños que o necesitan, celebran os aniversarios de nenos e nenas confinados na casa (onte tiveron tres e a axenda está chea). Por se isto fora pouco, colocan trampas ás velutinas nos parques antes de que cheguen.

Tempo de ocio on line 

Outra novidade da que nos informa Sandra Permuy é que o persoal municipal está a traballar desde a casa a pleno rendemento. En particular,  o persoal de Cultura e deportes, Biblioteca e Arquivo preparan un paquete con actividades diferentes e varias opción culturais e deportivas para ocupar da mellor maneira o tempo de lecer.

Os Sevizos sociais

Os SS SS teñen moitísimo traballo, por iso houbo que reforzalos con máis persoal. Ampliaronse os seus cometidos ao acompañamento a persoas que viven soas e necesitan compañía. Estanse tramitando, polo mesmo motivo, novas teleasistencias. Traballan en organizar o Xantar na casa e tamén se apoia a persoas con problemas cognitivos, dando paseos con elas.

Sancións

Queda feo decilo pero algún veciño tentou saltar as normas e a policía local xa ten varias propostas de sanción. “Agora máis que nunca, temos que quedar na casa” insiste Permuy

Unha foto para a posteridade

Unha especie de comité de emerxencia, presidido polo alcalde de Fene, reúnese cada día ás 8 da mañá cada día para organizar e coordinar os traballos esenciais neste tempo de confinamento e de crise sanitaria. Iso sí, conta Sandra Permuy, manteñen as distancias de seguridade arredor da mesa e falan con máscaras e luvas. 

Institucional

Publica o teu comentario agora