Os arquitectos por un desenvolvemento sostible

Os arquitectos por un desenvolvemento sostible

05 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Baixo o lema "Arquitectura y niños" celébrase esta xornada o Día Mundial da Arquitectura. Unha conmemoración que se realizan todos os primeiros luns do mes de outubro. Os monumentos das Fragas do Eume serán o escenario dos actos de celebración da Delegación de Ferrol do Colexio de Arquitectos de Galicia.

O Mosterio de Caaveiro o de Monfero así como a Torre de Andrade serán algúns dos edificios da zona que os arquitectos ferroláns homenaxean neste día. Segundo a presidenta da delegación de Arquitectos da urbe naval, María Fernández Lemos, queren destacar neste magnífico e espectacular enclave a importancia do patrimonio nacional.

As charlas centraranse no desenvolvemento incontrolado que está a antepoñer á protección do medio ambiente. Ás doce e media do mediodía arrrincaba dende o mosteiro de Caaveiro un percorrido que contou coa presenza dos encargados da rehabilitación do mesmo, Celestino García e Isabel Aguirre. Incluirá unha explicación dos traballos, unha visita ao mosteiro e unha posta en común.

Fernández Lemos sinalou que nestes momentos de crise o primeiro sector que sufre é o da arquitectura ea construcción.

Cultura