Os arraianos de Chaves e Verín

Os arraianos de Chaves e Verín

25 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Galicia e Portugal non só se poden dar a man a través do litoral Atlántico, senón tamén seguindo a “raia”, a fronteira que separa os dous territorios. É o que se pretende a través da Euro cidade Chaves-Verín , un proxecto de colaboración entre a vila lusa e a ourensana que impulsan as entidades locais e que quere facerse con sentido, sen duplicar equipas e aproveitando as particularidades comúns do territorio.

A tenente de alcalde de Verín, Carmen Pardo, falou para Radiofusiòn e chamou a atención sobre o feito da inexistencia de grandes cidades en todo o traxecto da fronteira, salvo Badaxoz. A alianza da Eurocidade Chaves-Verín debe permitirlles ás dúas localidades poder acceder a investimentos europeos que doutra maneira non poderían conquerir. Xuntas son máis atractivas e, como salientou Carmen Pardo, malia as diferencias, conxuntamente ofrecen a maior diversidade en augas minero-medicinais do continente.

Cultura