Os arraianos do Couto Mixto

Os arraianos do Couto Mixto

28 de Xullo, 2018 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

“Deixa que chova”, cantan os veciños do vello territorio Couto Mixto arredor do acordeón nun bar. E abofé que chove. As pingas caen con violencia sobre este territorio da raia entre Galicia e Portugal e rachan co silencio. A natureza, as palabras contadas cunha sonoridade moi especial e as cancións espontáneas poñen o son a unhas imaxes que nos levan a transitar un territorio de fronteira, non so física, senón tamén entre ficci

Os seus habitantes son os “Arraianos” e dan nome ao filme do director Eloy Enciso estreado no dous mil trece.

O longo proceso dos Arraianos

“Arraianos” tivo un proceso de realización duns catro anos. Toma como punto de partida a obra teatral “O bosque” de Jenaro Marinhas del Valle, mais o que comezou como adaptación rematou por ser unha creación que toma algúns textos do orixinal mais que, finalmente, “despregouse e atopou o seu camiño”, explica Enciso. O seu equipo traballou durante un ano con veciños de aldeas sitas en Calvos de Randín e Baltar, na provincia de Ourense, para que eles fosen os actores que levasen o relato, Finalmente, con todo o material filmado, o director advertiu que “é a propia realidade a que vai facendo a película”. “Nós mesmos non sabiamos cal era a película que queriamos contar porque había varias potenciais películas dentro dese material”, revela Eloy Enciso.

O realizador revela que a experiencia das proxeccións lle demostra que “a xente sorpréndese de que unha película así lle poida gustar”. Eloy Enciso profunda aínda máis sobre a cuestión á que sempre se somete unha obra desta caste cando se expón ao público en xeral: “Hai moito prexuízo creado verbo de que o cine de autor é elitista, pechado, xeroglífico, quen non se pode comprender ou que non se pode participar del; mais en “Arraianos” xustamente a vontade é a contraria”. “É unha película accesible”, resolve.

Sociedade