Os asesinos de Jimmy seguen soltos, denuncia Jorquera

Os asesinos de Jimmy seguen soltos, denuncia Jorquera

13 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

"Aquí houbo un asesinato con ensañamento, apalearon a unha persoa que presuntamente estaba no chán, rompéronlle o cráneo, o bazo e logo o tiraron ao rio" salienta o deputado do BNG Francisco Jorquera. "Hai moitas cousas que esclarecer neste caso, xa que a persoa que faleceu estivo media hora no río sen que ninguén o atendese". Refírese así aos sucesos acaecidos o pasado 30 de novembro en Madrid e que remataron coa morte d

"Estase obviando aos ultras do Frente Atlético que é o segundo asesinato que teñen ás súas costas" salienta o parlamentario nacionalista. "Son precisas medidas drásticas que corten estes brotes de neonazismo" conclue Jorquera. "Estou perplexo polo tratamento deste caso por parte do Ministerio do Interior e de algúns medios de comunicación que culpabilizan a afección do Deportivo da Coruña" sinala o voceiro do BNG. Jorquera maniféstase contrario a todo tipo de violencia e aclara a súa distancia cos ultras de todo tipo de calquera equipo de fútbol. Fai especial fincapé na necesaria eliminación de todos os estadios de calquera símbolo ou cántico fascista ou nazi.

Deportes