Os barcos da Gran Armada de Felipe II

Os barcos da Gran Armada de Felipe II

02 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os construtores de barcos do Norde da Península eran os mellores do mundo, xa no século dezaseis segundo o enxeñeiro técnico Gómez Beltrán. O autor dun libro sobre a Armada Invencible fala da evolución dos galeóns, como barcos máis veloces e maniobreiros. En moitas ocasións os buques non se construian especificamente para a súa utilización militar.

Gómez Beltrán indica que Ferrol se convirte nunha das principais bases navais da península, despois do ataque de sir Francis Drake á Coruña en maio de 1589. Felipe II comproba as posibilidades defensivas da ría ferrolana e decídese a localizar na cidade e na comarca diferentes armadas. A última década do século dezaseis a crise económica extendese pòla península, pero Ferrol vive unha época de crecemento, polos abastecementos que precisa a flota.
La Invencible y su leyenda negra. Chámase así o libro de máis de 700 páxinas elaborado por Antonio Luis Gómez Beltrán, arredor da Gran Armada que saiu da Coruña o vintedous de xullo de 1588 con cento vinte sete barcos. O autor realiza unha minuciosa analise técnica das características e número dos barcos e da artillería utilizados na denominada empresa de Inglaterra.

Sociedade