Os barcos, protagonistas da Parrocheira de Ferrol

Os barcos, protagonistas da Parrocheira de Ferrol

31 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Club do Mar de Ferrol enche de barcos as festas da Parrocheira. Unha fin de semana, a primeira de setembro, de navegación e  patrimonio mariñeiro na XVIII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais, que se celebra na dársena de Curuxeiras entre o venres e o domingo, do 3 ao 5 de setembro. Achegaranse barcos de distintos puntos da península e as redeiras de Malpica realizarán unha exhibición. A través do proxecto europeo Dorna (Desenvolve

A Parrocheira 2010 comezará o venres coa recepción dos barcos. O groso das actividades está previsto para o sábado, coa inauguración oficial e a saída ó mar dos participantes. Despois farase unha visita á exposición e un percorrido polos distintos stands ubicados en Curuxeiras. Terán o seu espazo no peirao o Proxecto Dorna (que inclúe entidades de Francia, Escocia e Portugal), a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, o centro de formación Aixola e tamén a Asociación Galega de Carpinteiros de Ribeira. Os nenos e nenas disporán dunha piscina de 6x6 metros con dornas que funcionan a través de control remoto, para que fagan as suas regatas.

A taberna mariñeira surtirá de comida e bebida ós participantes e ao público que acuda a Curuxeiras. Pola tarde retómanse as actividades cunha demostración de redeiras de Malpica e unha nova saída ó mar. Pola noite servirase a cea e haberá dúas actuacións musicais que o Club do Mar aínda non concretou.  A festa prolongarase ata o domingo cunha nova navegación. A VIII Xuntanza de embarcacións tradicionais clasurase o domingo ás 7 da tarde.

Sociedade