Os bombeiros de Ferrol trasladan o parque ao consistorio

Os bombeiros de Ferrol trasladan o parque ao consistorio

05 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os bombeiros de Ferrol protestaron esta mañá na Praza de Armas pola situación do seu parque. Os efectivos de garda fecháronse na Casa do Concello. Relatan que a choiva volveu a anegar as instalacións do parque, que quedou pola noite sen subministración eléctrica, o que afectou o sistema de comunicacións e ao teléfono de emerxencias, que tivo que ser desviado a un móbil. Tamén anulou outras funcións, como a activaci&oac

Os bombeiros néganse a regresar ao parque ata que un informe acredite a seguridade das instalacións. Hai apenas 20 días, os bombeiros xa denunciaron as deficiencias do parque a través dun vídeo que correu como a pólvora polas redes sociais.

Un representante dos bombeiros, Carlos Núñez, detallou que á primeira hora da mañá se deu aviso ao 112 e á Policía Local e nacional para que desvíen as chamadas que reciban a ese número, aínda que desde o mediodía o teléfono habitual volve funcionar con normalidade. Ademais, asegurou que desde o Concello non se lles deu ningunha solución á situación do parque, no que se iniciaron obras de urxencia para reparar as filtracións da cuberta.

Critican que os traballos levan paralizados varios días e que, precisamente, pode ser o levantamento dalgunha placa o que provocase estas novas inundacións.Unha das emerxencias que tiveron que atender foi a caída dunha árbore en Mandiá, que obstaculizou unha estrada e que ademais tirou parte do tendido eléctrico. Técnicos de Fenosa terán que acudir a reparalo.

Fontes oficiais do Concello aseguraron que coas obras iniciadas conseguíron pechar as vías de entrada de auga máis graves e que o que resta da actuación non se puido acometer polas malas condicións meteorolóxicas. No entanto, aseguran que «se deixa de chover, nunha semana están listas».

Sociedade