Os bubis de Santa Isabel a Malabo

Os bubis de Santa Isabel a Malabo

29 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Na illa de Fernando Poo (Bioko)  na Guinea Ecuatorial, o cacao, o alimento dos deuses, tostábase ao sol. A antiga colonia española accedeu á independencia en 1968. Daquela residian no pais africano arredor de 8.000 españois, moitos deles da comarca de Ferrol. Arredor de 200 chegaran do val de Benasque en Huesca, unha epopeia rememorada por Luz Gabás na novela "Palmeras en la nieve".

A obra de Gabás non se trata só dunha novela colonial. Tamén se fai preguntas, acerca do pasado e do presente das relacións entre España e o pais africano. “Palmeras en la nieve” relata a aventura en terras africanas dos antepasados da actual alcaldesa de Benasque. Empuxados pola necesidade, viaxaron ata Guinea para facer fortuna co cacao. A novela destaca polas diferentes perspectivas incluidas con total verosimilitude acerca do feito colonizador. Unha magna obra que fusiona con precisión tempos, puntos de vista e historias universais.

Sociedade