Os Casais volta ao cole sen resolver a necesidade dun especialista en audición e linguaxe

Os Casais volta ao cole sen resolver a necesidade dun especialista en audición e linguaxe

10 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os pequenos/as voltaron esta mañá a encher as aulas dos colexios de Fene. Coas súas novas mochilas e coa expectación dun novo curso, os escolares chegaron  aos centros ás nove da mañá. As facianas alegres predominaban entre os nenos xa que no primeiro día todo son novidades. Máis avanzado o curso , deseguro, que non irán con tanta ilusión pero o primeiro día , os nervios afloran ao volver a encontrarse cos compañ

No Colexio Os Casais de Maniños, 80 nenos comezaron o curso 2009-2010. Ao estar menos masificado que outros centros a atención é máis personalizada. Pero tamén ten os seus inconvenientes pois cando preparan unha excursión, hai que facelo por idades porque os destinos non son iguais para todos, custa moito o aluguer dun  autobús, segundo explicou esta mañá en Radiofusión o Director dos Casais, Álvaro García.

O colexio de Maniños, está a facer unha incorporación paulatina dos raparigos de 3 anos que comezan a súa vida escolar. Deste xeito, vanse adaptando pouco a pouco para que o comezo non sexa moi traumático. Como asegura García , “ os temos entre algodóns”.

Un comezo de curso conflictivo do que non é alleo Os Casais. Están a asumir a tarefa extra de cumplimentar as solicitudes das familias para obter as axudas para os libros. Unha carga administrativa e non pedagóxica que non lles corresponde, asegurou.

A principal preocupación para o director reside na dotación de profesorado. Por fin acadaron un profesional en audicción e linguaxe pero o teñen que compartir cos centros, A Xunqueira, Centieiras e a Unitaria de Limodre. Esta situación provocou a celebración, esta mesma mañá, dunha xuntanza entre as orientadoras e os directores dos centros afectados. Na reunión, asinaron un documento dirixido á Delegación Provincial de Educación e á Inspección Educativa para dar conta desta problemática.

Necesitan tres docentes nesta materia, porque un só non se pode desprazar o necesario entres todos os colexios. Cando se detecta un problema nun alumno hai que actuar de inmediato, levar unha continuidade e non chega unha hora semanal. Aos pais dos nenos que precisan deste apoio saelles moi caro o desembolso de acudir ao ámbito privado. Por iso, agardan que o problema teña pronta e satisfactoria resolución, apostilou.

Sociedade