Os centros de día de Cospeito e Begonte comezarán a funcionar a finais do mes de xaneiro

Os centros de día de Cospeito e Begonte comezarán a funcionar a finais do mes de xaneiro

27 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os centros de día de Cospeito e de Begonte comezarán a funcionar na segunda quincena do mes de xaneiro, tal e como anunciou o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez,  tras a reunión que mantivo cos alcaldes destas dúas vilas chairegas, Armando Castosa e José Antonio Vázquez. Estes dúas novas infraestruturas suporán o aumento en 45 das prazas de atención a persoas maiores na pro

Así, por localidades, o número aproximado de prazas novas será 20 en Begonte e 25 en Cospeito, unha oferta que se unirá á existente nos nove centros que xa están en funcionamento na provincia nas localidades de A Pontenova, Ribadeo, Abadín, Riotorto, O Corgo, Monforte, Pobra do Brollón, Chantada e Pantón.

 

 

No encontro, Roberto Rodríguez tamén tratou cos representantes municipais cuestións relativas á xestión e ao mantemento destes centros, que pertencen á Rede de Centros de Atención a Persoas Maiores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

 

Así, comunicoulles que os gastos dos mesmos veranse reducidos nunha media do 25 por cento ao ser xestionados a través dun contrato administrativo na modalidade de concesión. Esta opción, prevista na Lei de Servizos Sociais de Galicia, permitirá abrir e manter 617 novas prazas de atención a persoas maiores en toda Galicia no primeiro trimestre do próximo ano.

 

Cara á posta en marcha destas instalacións, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar procederá proximamente a equipar o futuro centro de día de Cospeito e a completar o amoblamento do de Begonte, ambos construídos polos concellos.

 

Coa próxima apertura destes novos centros a oferta actual de prazas de atención a persoas maiores na provincia, entre centros de día e vivendas comunitarias, pasará das 268 actuais ás 313, o que supón un incremento do 17 por cento.

Sociedade