Os certames de Arte, Debuxo Infantil e Poesía do Belén de Begonte xa teñen gañadores

Os certames de Arte, Debuxo Infantil e Poesía do Belén de Begonte xa teñen gañadores

21 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Debuxo Infantil e Poesía do Belén de Begonte xa teñen os nomes dos seus gañadores. No primeiro foi a viguesa Fernanda Fernández Suárez, que se fixo cos 1.500 euros de premio e unha estatuíña de Sargadelos pola súa obra “Casa Román”. No de infantil os primeiros lugares corresponderon a Saúl Simón López do Colexio Virxe do Corpiño de Begonte; a Javier Álvarez Méndez, do colexio Colexio J

Os segundos premios do de Debuxo infantil foron parar a Paula Barreiro Rodríguez do Colexio San Xosé de Lugo, Laura Pérez Piñeiro do Colexio Virxe do Corpiño de Begonte, Iván Batista Rodríguez do Colexio S. Miguel de Reinante, Mohamed Choraifi Salmi e David Edrosa Calvo  do Ceip nº 1 de Foz; todos eles na categoría A, que englobaba a cativos de menos de 10 anos. En canto á B, para rapaces de mais de 10, os segundos premios recaeron en Nuria Lago Nodar, Lucía Chaves Eijo, Sergio Fernández Fraga, Isabel Blanco Pérez e Beatriz López Bruzos, todos eles do Instituto Vilar Ponte de Viveiro.

 

Os primeiros premios están dotados con 60€ e un trofeo, e os segundos con 30€ e trofeo. Estes galardóns serán entregados o trinta de xaneiro próximo, sábado, ás 17,00 h., no decurso dos actos de clausura da XXXVIII edición do Belén Electrónico de Begonte, no salón de actos do Centro Cultural “José Domínguez Guizán”.

 

No certame de poesía o Segundo premio, dotado con 300€ e a estatuíña de Sargadelos, foi para “Agora”, do que é autor Baldomero Iglesias Dobarrio “Mero”, residente en Xanceda, A Coruña.

Cultura