Os chalecos salvan vidas aos peóns.

Os chalecos salvan vidas aos peóns.

17 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene (A Coruña) e a Xefatura de Tráfico organizan unhas xornadas informativas sobre o bo uso dos chalecos reflectores nos peóns. As primeiras charlas celebraranse xa neste mes de xaneiro, no Círculo de Perlío e na Liga de amigos de Barallobre.

Concientes da problemática inherente do fenómeno do tráfico e sensibilizados polo número de atropelos que se están a rexistrar na rede viaria de Galicia, o Concello de Fene e a Xefatura Provincial de Tráfico inician neste mes de xaneiro unha campaña informativa específica para peóns, tendo en conta que a maioría dos atropelos prodúcense pola noite e que todavía son moitas as persoas que non utilizan elementos reflectores.

Esta campaña, que incluirá accións específicas como charlas informativas e distribución de chalecos reflectores, vaise realizar no Concello de Fene en todas aquelas sociedades interesadas en facelo no seu local social.

As primeiras xornadas terán lugar nas seguintes datas:

Mércores, 22 de xaneiro de 2014
Local Social da ACRD Liga de Amigos de Barallobre
18.30 horas

Xoves, 23 de xaneiro de 2014
Local Social do CCRD de Perlío
19.00 horas

Sociedade