Os científicos tamén fixeron país

Os científicos tamén fixeron país

06 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O proxecto do “Álbum da Ciencia” encaixa no que o Consello da Cultura Galega entende que debe ser a cultura científica e “ven cubrir evidentes déficits no coñecemento dese ámbito fronte á cultura humanística”. Así o definiu Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente da institución e coordinador da Sección “Ciencia, natureza e sociedade”. O proxecto, presentouno o seu director Xosé Antonio Frag

O novo espazo web de  Cultura Galega, é un proxecto co que a institución contribúe ao fomento da cultura científica na sociedade por medio da difusión do labor desenvolto polos científicos máis sobranceiros da historia de Galicia. “Ten algo máis que unha dimensión divulgativa polas achegas investigadoras e académicas dos expertos, o que fai do proxecto algo único na Rede”, dixo Xosé A. Fraga., que salientou asemade a traducciòn ao ingllés de 25 das trrescentas biografías programadas.

O punto de partida do proxecto sitúase en 2007. Ao cumprirse o centenario da fundación da Junta para Ampliación de Estudios (JAE), o Consello da Cultura Galega decidiu crear o Álbum da Ciencia, un espazo destinado a recoller as biografías dos principais protagonistas da valiosa obra da JAE en Galicia, científicos e outros pensadores.

O Álbum da Ciencia inicia agora unha nova etapa na que se ocupará do ámbito científico e ampliará substancialmente o tramo temporal analizado. Un ambicioso e innovador proxecto que ten como punto de partida as 201 biografías elaboradas para o Diccionario histórico de científicos galegos (editado en dúas partes en 1993 e 2005 polo Grupo de Traballo de Historia das Ciencias do Seminario de Estudos Galegos), cuxos textos serán actualizados e reformulados. A iso debe engadirse a incorporación de novas entradas, correspondentes a outros autores, nomeadamente os que desenvolveron o seu labor entre 1936 e 1975, e as relativas a institucións científicas salientables. O principal criterio utilizado para a selección de autores será a relevancia da obra no momento histórico que viviron e o seu vínculo con Galicia.

O resultado final permitirá ofrecerlles aos usuarios un total dunhas 300 entradas en liña, unha parte substancial do I+D histórico do país, unha especie de panteón virtual da excelencia científica, que proporcionará unha valiosa e actualizable información a públicos diversos. Con esta iniciativa o Consello da Cultura Galega contribúe ao fomento da cultura científica da sociedade por medio da difusión do labor desenvolto polos científicos máis sobranceiros da historia de Galicia.

Nesta primeira entrega figuran nomes como os de Ramón María Aller, Juan Varela de Montes, Antonio Casares Gil, Juan Jacobo Durán Loriga, Alejandro Rodríguez Cadarso, Ramón de la Sagra, Bibiano Fernández Osorio-Tafall ou José Alonso López y Nobal, entre outros.

A elaboración desta nova versión do Álbum da Ciencia supón un esforzo investigador e divulgativo dun amplo equipo de máis de vinte colaboradores especialistas. A dirección foi encomendada a Xosé A. Fraga Vázquez, da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello, quen contou coa colaboración do coordinador desa Sección, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, na codirección, e de Alfonso Mato na coordinación e redacción.

Sociedade